Inicio Catecumenado

O pasado 16 de outubro de 2020, logo de adaptar as actividades, buscar espazos e distribuir ao equipo de animadores e animadoras, comezabamos cos grupos de Iniciación e Catecumenado.

Cun total de 8 grupos dun máximo de 10 persoas, os locais do centro xuvenil quedábanse pequenos e por iso recurrimos a outros locais da familia salesiana. Foron os Antiguos Alumnos e a parroquia María Auxiliadora, os que nos cederon as súas instalacións (por proximidade e facilidade de acceso para os rapaces e rapazas) para poder así facer as reunións cumprindo as medidas sanitarias do momento.

Os rapaces e rapazas chegaban emocionadas de volver a encontrarse fóra das aulas. Un tempo de reunión, de facer grupo, de escoitar e ser escoitado; con distancia física pero sen distancia social.

Para ver algunhas imaxes da xornada, pincha aquí

Formación Inspectorial e Asemblea do IEF

Baixo o título “A beleza da fe”, este sábado tivo lugar unha xornada de formación para animadores e animadoras de Centros Xuvenís Salesianos. O evento acolleu a case 700 animadores e animadoras pertencentes a 47 casas de salesianos e salesianas, que reflexionaron sobre como utilizar diferentes linguaxes e expresións artísticas na evangelización.

Ler mais

VII Mañás de Setembro

Esta actividade de conciliación tivo un formato semellante a outras “Mañás de…” pero coa particularidade de que na inscrición cada un dos 73 participantes puideron elixir a actividade que facían na primeira parte da mañá (en colaboración co Clube Salesianos de Baloncesto, e a sección de fútbol sala), e logo de merendar, continuar cunha proposta común como obradoiros, actividades na natureza, rastrexos pola cidade, xogos adaptados, etc.

Ler mais

Tempo libre educativo no verán para todos e todas

Abertal ven de ofertar actividades formativas e de lecer a 893 persoas de entre 3 e 30 anos nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en diversos formatos.

O Centro Xuvenil Abertal de Vigo, asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, volveu a abrir as súas portas logo do confinamento coas enerxías renovadas e a mesma ilusión de sempre que tan ben caracteriza a esta asociación; grazas a un equipo de 21 traballadoras e 137 voluntarias.

Os proxectos, programas e actividades que desenvolvemos con éxito foron os seguintes:

Ler mais

Curso de Monitor/a de Tempo Libre

O Centro Xuvenil Abertal imparte o Curso de Monitor de Tempo Libre, avalado pola Escola de Tempo Libre Don Bosco en 200 h. combinando formación presencial e telemática

A titulación de monitores e monitoras de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre”. Entre estas, atópase a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco, recoñecida para ese efecto o 1 de Xuño de 1986.

Ler mais

Vaivén no Verán

Logo de meses sin vernos, os grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS quixeron manter 4 encontros locais, nas instalacións do centro xuvenil Abertal xa que este verán non poderíamos gozar dos campamentos cos nosos amigos e amigas de outros centros xuvenís.

Acordando 2 martes e 2 xoves en horario de 17,00 h. a 20,00 h. e coñecendo algúns dos seus intereses para o lecer optamos polas seguintes actividades:

No primeiro día compartimos xogos no patio, presentacións, explicacións do calendario e actividades máis frescas.

Tie dye: cada quen trouxo unha camiseta que quería decorar e con diversos tintes e técnicas puideron elaborar unhas fermosas imaxes que lucir nas súas prendas de roupa. O grupo de maiores, ADS, tamén tivo a alternativa de aprender a serigrafiar unhas fermosas camisetas de lembranza xa que moitas persoas remataban Alternativa Vaivén.

Cociña: esta é unha actividade que gusta moito durante o ano, así que aproveitando que tiñamos máis tempo e atendendo á demanda de rapaces e rapazas desenvolvimos as nosas dotes culinarias en forma de tortitas de cores, empanadillas de atún, tarta de queixo e fajitas.

Xogos de auga: coa calor que estamos tendo, non podían faltar na escolma de actividades unha tarde de xogos de auga e por iso puxemos a creatividade a traballar e así sairon unha morea de xogos como o rugby con pastilla de xabón, twister escorregadizo, tobogán de auga, pita esponxa, brilé de auga, guerra de auga, etc.

ADS, foi recadando cartos para a súa actividade autoxenerada, decidiu empregalos nunha excursión para rematar este curso e despedirse con bo sabor de boca logo de estar confinadas e non poder facer moitas actividades das que tiñan pensadas. E acordaron que Castrelo-Cambados era un bo lugar no que xogar, cear e facer unha velada.

E con isto, pechamos o “Vaivén no Verán” que tantos bos momentos nos trouxo a nenos, nenas, mozos, mozas, animadores e animadores; para rematar este curso 19/20 cun bo sabor de boca e con ganas de comezar as actividades (coas medidas que acheguen as autoridades sanitarias).

Pincha aquí para ver as fotos

CateVerán

Cate verán xurdiu das ganas de recuperar parte do tempo perdido no segundo e terceiro trimestre por razóns obvias. Gozamos de 3 dias xuntos e xuntas, dos que nos 2 primeiros participamos en actividades enfocadas á reflexion e a valorar o que nos rodea cada dia, xa que ás veces non o facemos como nos gustaría.

Ler mais

XIII Mañás de Verán

Xa na súa XIII edición, a Asociación Centro Xuvenil Abertal (Vigo, r/Venezuela, 3) abriu as súas portas no medio desta situación de dificultade para moitas familias ofertando as “XIII Mañás de Verán” como unha opción de conciliación moi valiosa nos tempos que corren. Está a ser un campamento adaptado ás idades, de entre 3 e 14 anos, aberto á cidade, tendo a opción de apuntarse ata 6 semanas, coincidindo coas vacacións estivais, ao longo dos meses de xuño e xullo 2020.

Ler mais

Festa dos Símbolos – Alternativa Vaivén

Os grupos de Alternativa Vaivén (Saltimbanquis, Andaina e ADS) do Itinerario de Educación na Fe deron por rematado este curso dun xeito especial, coa Festa dos Símbolos.

Sendo conscientes da situación actual, as actividades foron adaptadas, isto fixo que nos tiveramos que reinventar e ser creativas combinando seguridade e actividade. Sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, os rapaces e rapazas gozaron dun tempo de lecer de calidade.

Aos 16 Saltimbanquis, 19 Andaina e 21 ADS sumáronselle na entrega dos símbolos un bo grupo de familias a partir das 12,30 h.

Pincha aquí para ver as fotos.

 

Catecumenado I – presencial

Durante todo o confinamento, os grupos de Catecumenado mantiveron na medida do posible encontros virtuais, de xeito que o grupo se foi convertindo nun apoio máis e un momento de desconexión nestes meses. Pois con moitas ganas, agardando á fase na que se puideran realizar actividades xuvenís, o grupo de Catecumenado 1 era o primeiro en reunirse presencialmente (agardando a que se animen o resto de grupos), o pasado xoves 11 de xuño 2020, mantendo as distancias e reprimindo eses abrazos que tantas ganas tiñan de darse. Faltou tempo de reunión para propoñer actividades para o verán, nas que o voluntariado ocupaba un bo lugar. Tempo para retomar as relacións, poñerse ao día, facer plans e moitas risas, que ben o necesitaban!

 
1 2 3 4 5 6 7 23