Festa de Mª Auxiliadora en A. Vaivén – 29 maio 2021

O pasado 29 de maio, os grupos de Alternativa Vaivén xuntábanse nunha mañá soleada para gozar e celebrar da festividade de María Auxiliadora. O patio semellaba unha festa, sempre cumprindo todas as medidas sanitarias, en grupos revivimos algunhos dos xa tradicionais xogos destas datas.

Saltimbanquis, Andaina e ADS, participaron por equipos nunha misión imposible con morea de xogos nos que bailar, cantar e disfrazarse daba puntos para gañar un premio final. Ao mesmo tempo, intentando imitar as históricas barracas, un posto de pixlas, outro de chapas personalizadas e karaoke, enchían o patio de música e bo ambiente!

Xa cando remataba a mañá, xuntabámonos para lembrar que era María a que nos convidaba a festexar e vivir con ledicia, achegándolle esa alegría ás persoas da nosa contorna, poñéndolle corazón a todo o que fagamos; sen esquecernos de berrar: Viva María Auxiliadora!!

Pincha aquí para ver algunhas imaxes do ben que o pasamos.

Alternativa Vaivén 17 abril 2021

O 17 de abril de 2021 reuníanse os grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS, e continuaron coas súas respectivas aventuras.
Saltimbanquis embarcaba na nave de Among Us para descubrir se había algún impostor ou impostora que estivera saboteando as actividades. E logo de dialogar, debatir e poñerse de acordo entre todas as persoas da nave conseguiron o obxectivo!

Por outra banda, a Cidade Andaina continuou medrando, pero faltaba algo moi importante, as beirarrúas, as farolas, os pasos de peóns, etc. E por iso, antes de continuar con grandes edificios, o equipo de “obras públicas” desenvolveu as melloras para darlle forma á maqueta da cidade.

Na “viaxe polo mundo” do grupo de mozos e mozas ADS, fixeron unha parada en Francia, para aprender das mellores chefs. Unha mañá de cociña, por equipos, para aprender e amosar as habilidades culinarias, con moi bós resultados (que puideron degustar ao final).

Pinchando AQUÍ podes atopar unha escolma de fotos que amosan o ben que o pasaron nestas actividades.

Alternativa Vaivén 6 febreiro 2021

O 6 de febreiro tiñamos que volver ás actividades “en liña” dadas as novas restriccións. O equipo de animadores e animadoras preparaba unha serie de actividades para que cada rapaz e rapaza puidera facer desde a súa casa sin perder a esencia de Alternativa Vaivén, do IEF.

Ler mais

X Mañás de Nadal

DEZ ANOS DE EXPERIENCIA EN TEMPO LIBRE EDUCATIVO E AXUDANDO Á CONCILIACIÓN FAMILIAR.

Durante os días 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2020 e 4, 5 e 7 de xaneiro de 2021 celebramos as X Mañás de Nadal.  Nelas participaron preto de 40 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, que gozaron de actividades de tempo libre educativo, contribuido deste xeito ao seu desenvovemento persoal e facilitando a conciliación familiar. Para facilitar a participación dos nenos e nenas, as actividades desenvolvéronse en horario extendido de 8:00h a 14:00h, mediate o servizo de acollida/aula matinal incluída dentro da programación.

Algunhas das actividades realizadas e que en base á nosa experiencia sabemos que funcionan son:

Obradoiros de Nadal: bolas de neve personalizadas, árbores de Nadal, felicitacións divertidas etc.

Xincanas de xogos: slackline, hockey, tiro con arco, just dance, etc.

Misións imposibles e grandes xogos.

Visita a exposicións e entrega da carta aos Reis Magos.

Cine de Nadal.

Todas elas abordáronse sempre dende metodoloxías innovadoras e  fixéronse atendendo ás restricións sanitarias vixentes e respectando protocolos de prevención determinados polas administracións para as actividades de lecer e tempo libre debido á pandemia da Covid 19.

Podes ver imaxes do que foi Mañás de Nadal premendo aquí

Operación Quilo 2020

O Centro Xuvenil Abertal coordinou na Obra salesiana de María Auxiliadora de Vigo o reto de recoller alimentos para contribuír coa Cáritas parroquial neste Nadal tan difícil para tantas familias.

Desde o pasado 9 de decembro estivo en marcha a campaña de recollida de alimentos promovida desde Abertal, decana das campañas deste estilo de cantas se desenvolven na cidade olívica, en colaboración con varias entidades e establecementos do barrio e que foi destinada a Cáritas parroquial, que durante todo o ano atende a 43 familias todos os meses. O Centro Xuvenil Abertal, entidade socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, promove esta actividade desde os anos oitenta (“Operación Trigo”).
Un bo equipo de voluntarios e voluntarias xunto co Equipo de Pastoral do Colexio Salesiano María Auxiliadora de Vigo, seguiron de preto a recollida de alimentos  e agradeceron sobre todo a achega de produtos e doces típicos do Nadal, que permitiron entregar ás familias do barrio un paquete tan especial como especiais son estas datas.
Non competimos con outras entidades e organizacións que fan actividades semellantes, senón que tentamos visibilizar tanto as necesidades como a solidariedade nas distancias máis curtas, tamén neste barrio do centro da cidade.

Moitas gracias a todas as persoas que aportaron o seu graniño de area, que fixeron posible poder organizar e entregar os 1.800 Kg

Alternativa Vaivén 14 nov. 2020

O pasado sábado 14 de novembro, Saltimbanquis, Andaina e ADS xuntábanse nos seus respectivos lugares de encontro, adaptados aos aforos. Foi unha xornada especial xa que se entregabna os panos, símbolo de querer medrar ao estilo de Xesús acompañados polos nosos compañeiros e compañeiras.

Ler mais

Catecumenado 20 nov. 2020

Un novo venres, 13 de novemebro de 2020, reuníanse os grupos de Iniciación e Catecumenado, cada quen no seu espazo asignado (ben na parroquia, no patio, nas salas de Abertal, etc.).

Algúns grupos sumáronse á proposta da Confederación Don Bosco, que nos convidou a traballar a temática de actualidade sobre o emprego das TIC e redes sociais. Esta foi unha proposta que  nace do Foro de participación adolescente. Concretamente, tratouse o tema da exposición nas redes sociais, o uso saúdable das mesmas e as moitas posibilidades de comunicación que ofrecen.

Outros grupos, seguiron mergullando no MeNosLoLo, e desta vez foi o tema da autoestima o que se traballou nos grupos dos máis pequenos.

Por outra banda, o grupo de Catecumenado II comezou o seu “proxecto de vida” co que continuar medrando acompañados e acompañadas polo grupo.

Pincha aquí para ver as fotos.

Alternativa Vaivén 31 out 2020

Retomábamos as actividades de tempo libre educativo de Alternativa Vaivén logo dun breve parón a semana anterior por mor do pouco tempo de reacción e reestructuración. Esta pasada fin de semana, sábado 31 de outubro de 2020, organizámonos de tal xeito que cumprindo as medidas sanitarias e a actual normativa, xuntámonos en grupos reducidos de 4 rapaces e rapazas, acompañadas dunha persoa animadora,  adaptamos os xogos ao aire libre, modificamos as aventuras trimestrais, etc.

Ler mais

Catecumenado 30 out 2020

Logo de ter cancelado as actividades de tempo libre educativo do centro xuvenil a semana anterior por mor do pouco tempo de reacción e reestructuración, esta pasada fin de semana, venres 30 de outubro de 2020, organizámonos de tal xeito que cumprindo as medidas sanitarias e a actual normativa, xuntámonos en grupos reducidos de 5 persoas,  adaptamos os encontros ao aire libre ou pedimos emprestados distintos espazos da Obra Salesiana en Vigo, etc.

Ler mais

Apúntate en Alternativa Vaivén

Comezábamos a fin de semana do 17 de outubro de 2020, abrindo as portas ás 11,00 h. para acoller a 9 grupos dun máximo de 10 participantes, acompañados polos seus respectivos animadores e animadoras. Saltimbanquis, Andaina e ADS adaptaban as súas acividades acolléndose á normativa do momento, buscando alternativas sen contacto e cumprindo todas as medidas sanitarias.

Ler mais

1 2 3 4 5 6 23