CampoBosco e DonBosco.com-tigo 28 novembro 2021

Os mozos e mozas non agardaban a morea de sorpresas que lles tiña preparada esa fin de semana en León.

Comezaban unha viaxe en autobús na tardiña do venres 26 de novembro aparentemente longa pero que entre música, conversas e algunha que outra cabezada se lles fixo máis curta.

Nada máis chegar ao destino, sendo conscientes do frío que lles agardaba, déronse unha morea de reencontros calurosos. Amizades que pola Covid non se puideran ver en moitos meses xa que ambos encontros, CampoBosco e DonBosco.comTigo non se realizaban desde o 2019.

O lema do CampoBosco “O camiño apaixonado de Xesús… E o teu?” abríalles as portas aos rapaces e rapzas de entre 16 e 19 anos á unha fonda reflexión sobre as súas eleccións vitais, facendo a proposta cristiá de mirar ao camiño que nos propón Xesús de Nazaret.

Por outra banda, no DonBosco.comTigo se presentou o lema “Coidando da vida” no que se facía a proposta dun estilo de vida saudable en moitos sentidos (cos demais, cun mesmo/a, co mundo, coa natureza, con Deus, etc.) para mozos e mozas de entre 14 e 16 anos.

Unha morea de actividades na que se mesturaban reflexión, oración, dinámica, xogo, coloquio, etc. déronlle forma a unha fin de semana de encontro breve pero intensa.

Para ver as imaxes preme aquí