II Magosto Rock

Máis dun cento de participantes xuntáronse polo san Martiño en abertal para a clebración do Magosto Rock.

Desde as primeiras horas da tarde e tralas reunións de catecumenado, as mozas e mozos implicados na organización do evento estaban rebumbiando e ultimando detalles para a noite: compras de última hora, revisión de reservas, aparellos musicais, ensaios… mais so cando se acendeu o lume e o fume empezou a campear polo patio de abertal, comezaba realmetne o magosto.

Ler mais

Formación de voluntarios e voluntarias

TARDE DE FORMACIÓN E DIVERSION EN ABERTAL

Comeza un novo curso e por tal motivo reunímonos un grupo de voluntarios/as e traballadoras de Abertal para coñecernos un pouco mais e ter unha sesión formativa conxunta. Unha tarde moi amena e divertida onde, estreitando lazos, medramos xuntos/as.

Ler mais

Magosto da Alternativa Vaivén

 Aínda non marchara o fume do II magosto Rock, e xa estamos de novo o sábado, 12 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o magosto de Alternativa Vaivén.

Ler mais

Reunión coas familias

O día 22 de outubro tivo lugar o primeiro encontro do curso coas familias de Alternativa Vaivén.
Preto dunha cincuentena de participantes xuntáronse na aula magna do colexio salesiano para á presentación das actividades de Alternativa Vaivén.

Ler mais

Acampada Cate II en A Lamosa

Á Lamosa foi o lugar escollido polos membros do grupo de II Catecumenado para á organización e desenvolvemento da súa acampada de comezo de curso.
Dó sete ao nove de outubro, mentres botaban andar tantos outros proxectos para este curso, agasalláronse un tempo para pensar e artellar o seu proxecto persoal.

Ler mais

Inicio de curso Alternativa Vaivén

Máis de cento cincuenta nenas e nenos desde os 5 aos 14 anos tiveron diversos momentos de xogo e convivencia animados por preto de vinte e cinco animadoras e animadores durante toda a mañá.

Ler mais

1 22 23 24 25