Somos unha asociación que nace en xaneiro de 1979 do corazón inquedo dos salesianos e os mozos vencellados á presenza salesiana de Vigo e que ten por finalidade xeral a de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral da infancia e a mocidade.

Os nosos proxectos e actividades tentan desenvolver propostas centradas nas nenas, nenos, mozas e mozos, favorecendo o seu crecemento integral e dando importancia ao ambiente, aos grupos e á relación persoal.

Pertencemos á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza, da que Abertal é socia fundadora xunto cos distintos centros xuvenís salesianos do país, que traballa no eido da prevención, da educación do tempo libre, da animación xuvenil, na promoción da lingua e cultura galegas e do desenvolvemento sociocultural.

Na historia recente de Abertal, destaca que no pasado ano 2002, o Concello de Vigo deunos a mención de Viguesa Distinguida, en recoñecemento á tarefa que a asociación vén desenvolvendo desde os seus inicios coa mocidade viguesa.