Compostela Express – 10 decembro 2021

O grupo de mozos e mozas ADS collía o venres pola tarde un tren rumbo a Compostela. Nada máis chegar, comezaba a derradeira etapa do Compostela Express ata chegar ao albergue salesiano.
Unha fin de semana na que descubrir o equipo gañador desta aventura, gozar da cidade, percorrer xogando as súas rúas e compartir tempo cos compañeiros e compañeiras de ADS, retomando unha xa tradicional aventura na que se mestura o traballo en equipo, intelixencia e superación!
Se pinchas aquí poderás ver algunhas imaxes do ben que o pasaron.