Festa de Mª Auxiliadora en A. Vaivén – 29 maio 2021

O pasado 29 de maio, os grupos de Alternativa Vaivén xuntábanse nunha mañá soleada para gozar e celebrar da festividade de María Auxiliadora. O patio semellaba unha festa, sempre cumprindo todas as medidas sanitarias, en grupos revivimos algunhos dos xa tradicionais xogos destas datas.

Saltimbanquis, Andaina e ADS, participaron por equipos nunha misión imposible con morea de xogos nos que bailar, cantar e disfrazarse daba puntos para gañar un premio final. Ao mesmo tempo, intentando imitar as históricas barracas, un posto de pixlas, outro de chapas personalizadas e karaoke, enchían o patio de música e bo ambiente!

Xa cando remataba a mañá, xuntabámonos para lembrar que era María a que nos convidaba a festexar e vivir con ledicia, achegándolle esa alegría ás persoas da nosa contorna, poñéndolle corazón a todo o que fagamos; sen esquecernos de berrar: Viva María Auxiliadora!!

Pincha aquí para ver algunhas imaxes do ben que o pasamos.