MagostoRock – 12 de novembro 2022

O venres 12 de novembro pola tardiña xuntámonos para festexar o Magosto, unha das grandes tradicións de Galicia en torno á festa de San Martiño. Puxemos un pouco de leña máis para facer uns bocadillos e así, entre risas e amizades ceamos todos xuntos, mentres que as castañas agardaban nos cucuruchos de papel. 

Xuntámonos antes un equipiño de persoas voluntarias para colocar as mesas, preparar os chourizos, cortar o pan e facer as brasas. Mentras tanto, a Comisión de Música montaba o escenario para con concerto.

Pouco a pouco foron chegando e sobre as 20,30 h. xa comezamos a degustar, compartir, e pásalo ben. Logo de comer as castañas e tratar de ensuciarnos co carbón, demos paso á segunda parte: o Rock. Todos os que quixeran podíanse achegar a cantar ou a tocar algo en grupo ou en solitario.

A lista de temas e artistas afeccionados fixo que foran outros tantos os que se animaran a subir ao escenario sen ensaiar aportando o seu talento, xuntando case dúas horas de concerto.
Pinchando aquí atoparás unhas fotos que dan mostra do ben que o pasamos.