Comeza o XXXIV Campamento Urbano de Abertal

O Campamento Urbano de Abertal abríu as súas portas este luns, 1 de agosto. Esta vez nas instalacións do colexio Salesianos, tras case vinte anos xestionando o Campamento Urbano do Concello de Vigo no pavillón de As Travesas.
Esta nova edición comeza con 150 persoas participantes. A inscrición estará aberta ao longo de todo o campamento.

Sendo fieis á filosofía deste campamento, a participación é libre, aberta e gratuíta. Este verán coa novidade de que participan rapaces e rapazas de 6 e 7 anos, ampliando a franxa de idades.

Despois de aprender o refrán do himno do campamento, e superar distintas probas, os rapaces e rapazas organizáronse en pequenos grupos e comezaron a coñecer aos seus compañeiros e compañeiras.

Unha xornada chea de sorrisos e ilusión. Un campamento que volve ás súas orixes…

* Este ano, o campamento non conta con ningún tipo de financiamento, polo que está aberta a opción de achegas de donativos a través da conta de ABANCA: ES88 2080 5100 1930 4002 7621