Club de ocio

O proxecto Club de Ocio para persoas con discapacidade comezou de novo en xaneiro deste ano 2022. Desta volta coa axuda económica da Deputación de Pontevedra. As actividades de lecer desenvólvense varios sábados ao mes. O grupo de participantes inscríbese de luns a mércores, previo ao día de actividade. E os sábados saímos a gozar da variada oferta de ocio e tempo libre na cidade de Vigo. Este ano, entre outras moitas actividades, asistimos a partidos de baloncesto adaptado no pavillón Pablo Beiro de Bouzas, unha viaxe en barco a Cangas, un divertido día de praia e xeados, tamén gozamos do ambiente da Festa da Reconquista, ou dunha divertida partida de bolos, acompañado duns refrescos ou merenda, e unha boa conversa da man das persoas voluntarias, que sempre poñen o mellor de si para que estas actividades sexan todo un éxito.

Despois do parón do verán, este novo curso escolar continuamos coas actividades habituais. Novas caras, vellas amizades e, sobre todo, moita ilusión e ganas de pasalo ben!