VII Magosto Rock – 12 novembro 2023

Preto dun cento de participantes xuntáronse polo san Martiño en Abertal para a celebración do Magosto Rock na súa séptima edición.

Desde as primeiras horas da tarde, e tralas reunións de Catecumenado, as mozas e mozos implicados na organización do evento estaban rebumbiando e ultimando detalles para a noite: compras de última hora, revisión de reservas, aparellos musicais, ensaios… mais so cando se acendeu o lume e o fume comezou a campear polo patio de abertal, comezaba realmente o Magosto.

Chourizos, criollos, castañas, fixeron entrar en calor a todas as presentes. Mais a festa non remataba coa comida… había concerto!! Máis de dúas horas de música, con continuación de baile e karaoke, foron alongando o encontro ata pasada a media noite.

Bo ambiente, cea enxebre, participación xuvenil, festa entre todas e todos!

Botádelle un ollo a algunhas das fotos que puideron facer.

Viva o Magosto, viva o MagostoRock!!!