Asemblea A. Vaivén – 10 setembro 2022

Na fin de semana do 10 e 11 de setembro de 2022, unha representación do equipo de animadores e animadoras de Alternativa Vaivén xuntámonos para celebrar a nosa asemblea de inicio de curso. Foron dúas xornadas caracterizadas pola convivencia, nas que tivemos unha gran variedade de momentos. Comezaron no Cine Teatro Salesianos coa visualización dunha obra de teatro de @teatrosinpapeles, na que se representou dunha maneira enxeñosa pero intensa, a complexa realidade de moitas persoas migrantes no noso país, e os prexuízos ou estereotipos fixados cara este colectivo. Trala comida compartida na nosa sala de xogos, nos diriximos ao albergue da Granxa Escola Serantellos, un espazo espectacular no que puidemos traballar e programar o curso rodeado de natureza. Aproveitamos os momentos máis distendidos para poñernos ao día sobre como foi o verán (campamentos, voluntariado, viaxes, aprendizaxes, descanso, etc.). Xa chegaba a tardiña e co cansancio acumulado, buscando un tempo de repouso, tivemos un momento de oración onde compartir inquedanzas, decubrir o noso servicio para este curso. E como broche final, a soleada mañá do domingo a aproveitamos para gozar da contorna, e que mellor que un paseo por parellas en kayak desde a Illa de Arousa ata o Areoso, onde nos bañamos, xogamos e visitamos todos os recunchos da illa!
Podemos asegurar que con esta fin de semana, os animadores e animadoras de A. Vaivén comezamos coas pilas cargadas! e con estas fotos damos fe delo.