Divírtete en verán

Este verán, entre as diversas actividades realizadas por Abertal, levouse a cabo o programa “Divírtete en verán”, que forma parte das actividades desenvolvidas pola Concellería de Política de Benestar Social do Concello de Vigo.

Un programa dirixido a persoas con discapacidade, no que realizamos actividades de ocio e tempo libre, tomando como base de campamento as instalación do Verbum, en Samil, e aproveitando outros recursos municipais da cidade: as piscinas, a hípica, o barco Ocean Secrets, os museos…

Unha experiencia enriquecedora e de diversión, que facilitou o respiro familiar das persoas coidadoras e fomentou a convivencia entre as persoas participantes.