Saída dos nenos e nenas do Xinxin

Excursión Fin de Trimestre de XINXíN

O xoves dia 6 de Abril fixemos dúas excursión, por una banda  as sedes de Coia e Rivera Atienza xuntáronse para ir ao parque de Castrelos cos rapaces e rapazas. E por outro a sede de Abertal visitamos a exposición “Hoxe toca Prado”.

Ler mais

Formación á chegada das Voluntarias Europeas

Joana, Eleftheria, Adriana e Agnieszka durante unha semana tiveron a ocasión de compartir con outros e outras 21 mozas a formación á chegada en Culleredo coa finalidade de facilitar a súa adaptación ao novo contexto social e cultural,  traballando habilidades comunicativas, aprendizaxe intercultural entre moito máis. Compartiron espazos para reflexionar sobre os obxectivos de aprendizaxe que poden desenvolver durante a duración de todo o proxecto e favorecendo o coñecemento mutuo entre os e as voluntarias para  construír redes.
Cada una delas cóntanos a súa experiencia

Ler mais

Alternativa Vaivén – 25 marzo 2017

Non querendo deixar pasar a oportunidade de facer unha actividade polo día da árbora (21 de marzo), Andaina viaxou ao “Cume das Nacións Unidas contra o cambio climático”. Moito tiveron que traballar, informarse, reflexionar sobre os problemas ecolóxicos actuais para elaborar uns pequenos pero moi importantes dereitos das árbores. Sen esquecernos de que cada pequeno xesto axuda a conservar o medio ambiente, a casa común.

Ler mais

Catececumenado – 17 marzo 2017

Animadores a animadoras de catecumenado tiñan preparadas dúas actividades para o venres 17 de marzo. Comezabamos a tarde cun obradoiro de oración; dous grupos para os de bacharelato (catecumenado) e outro tres para os grupos de Iniciación (3º e 4º da ESO).

Ler mais

Día da muller – 8 marzo

O pasado 8 de marzo de 2017, co gallo do Día Internacional da Muller, saiu á luz unha exposición fotográfica titulda ” A muller en Abertal …”, frase que continuaban cada unha das mulleres, nenas, rapazas, etc., que forman parte deste centro xuvenil concretada coa acción que nesta asociación desenvolven (programar, coordinar, xogar, facer voluntariado, etc.).

Ler mais

Xornada de rol e xogos de mesa

Co bo sabor de boca que nos deixara a anterior formación en rol e xogos de mesa, quixemos xuntarnos unha tarde de sábado e abrir as portas á cidade para aprender, pero sobre todo xogar.

Ler mais

Acampada Iniciación – ConstrúeT

No primeiro trimestre, os grupos de Iniciación ao Catecumenado xa compartiran unha acampada. E foron as ganas de volver a convivir e compartir algo máis que unha tarde, as que levaron ao redor de 40 rapaces e rapazas a xuntarse na tarde do venres 3 de marzo ata o final da mañá do sábado 4 marzo.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 4 marzo 2017

O pasado 4 de marzo de 2017, Andainas e Saltimbanquis compartiron temática. Rapaces e rapazas andainas viaxaron aos anos 70, época do espertar das liberdades, do movemento hippy, da non violencia.

Ler mais

V Mañás de Entroido

Un ano máis, a Asociación Xuvenil Abertal (Vigo, r/Venezuela, 3) abriu as súas portas aos pequenos da casa nas “V Mañás de Entroido”. É un campamento infantil, para nenos de 3 a 12 anos, aberto á cidade, que durou tres días, coincidindo coas vacacións escolares de Entroido.

Ler mais

1 17 18 19 20 21 22 23