Encontro formativo de animadores e animadoras de Alternativa Vaivén

O pasado 30 de Setembro os animadores e animadoras de Alternativa Vaivén tivemos a nosa asemblea de inicio de curso con acampada incluída no colexio salesiano de Castrelo (Cambados), sen dúbida era moito o traballo por facer, calendario, programacións… pero o máis importante, compartir ilusións de cara ao novo curso e lembrar as nosas motivacións que simbolizamos cunha eucaristía na noite do sábado.

Cunha cea tamén compartida, revivimos momentos pasados e gozamos dunha nova experiencia de grupo con moitas risas, que se intensificou ao transformarnos en nenos e nenas con dous estupendos xogos propios de calquera dos nosos campamentos, o cal nos lembraba o espírito propio dun animador.
Deixando ao carón o cansazo dunha noite intensa, gozamos dunha pequena formación para aclarar certas actitudes que son importantes ter en conta á hora de animar.
E por último puidemos gozar dunha visita á granxa escola de Serantellos, da cal sacamos algunha idea do que podería ser un obradoiro na natureza e o importante que é o seu coidado.
Con todo isto, 2017/2018 ten coidado, os animadores e animadoras de Saltimbanquis, Andaina e ADS estamos preparadas.

 

Lucas Lastra