Un novo ano de Alternativa Vaivén

O sábado 7 de outubro volveu a comezar un novo ano  de Alternativa Vaivén no que desfrutamos dunha mañá cargada de diversión e alegría con nenos e nenas de 6 a 14 anos.

 Este novo curso xa comezara o venres pola noite para os ADS que puideron desfrutar dunha noite chea de emocións dende os reencontros, ata o xogo nocturno, do que máis de un levouse algún sustiño.  Tras ese forte comezo para os máis maiores ao día seguinte gozamos da compañía dos demais integrantes, xa foran novos ou veteranos de Andaina e Saltimbanquis. Comezamos a xornada co patio cheo de diferentes xogos e actividades propostas para todas as idades, dende saltar a comba ata xogar ao brilé. Continuamos cun xesto no que as persoas que xa estiveron en anos pasados deron a benvida ás que achegábanse por primeira vez ou entraban nunha nova etapa. E finalizamos esta tremenda e agarimosa xornada con diferentes xogos en cada un dos movementos.

Todas as boas intencións e esperanzas víronse reflexadas nunha maña moi entretida coa que vivimos un novo comezo con moita ilusión e ganas.

Bo inicio de curso!