Alternativa Vaivén – 16 decembro 2017

O Nadal chegou a Alternativa Vaivén. As campás de Noiteboa están a piques de soar e, como unha familia que somos, xuntámonos no último sábado deste ano para celebrar o Nadal un pouco particular.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 9 decembro 2017

9 de decemrbo de 2017, sábado no medio da ponte da Inmaculada e no calendario estaba marcado como un día que non ía haber actividade; pero pensándoo mellor e contando cun bo equipo de animadores, decidimos abrir as salas de Abertal para Saltimbanquis, Andaina e ADS que non marchaban Vigo.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 21 outubro 2017

Era sábado, comezaba o mes de decembro, época de agasallos e os e as Saltimbanquis remataron a mañá agasallándose unhas gabanzas e aloumiños; Andaina continuaba na busca de tódolos sentidos, e ADS no seu particular “Compostela Express; pero, comecemos polo principio.

Ler mais

I Torneo Nocturno de Baloncesto 3×3 Solidario

Un cento de persoas inscritas nesta primeira edición do torneo solidario de baloncesto 3×3 nocturno, dentro das actividades da Campaña do Nadal Solidario coordinada desde o Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.

Ler mais

CampoBosco 2017

A pasada fin de semana os rapaces e rapazas de Iniciación e Catecumenado fomos a León para un encontro con outros centros xuvenís da Inspectoría chamado CampoBosco. Alí, tras unha longa viaxe en bus e os pertinentes reencontros cos amigos de campamentos pasados, instalámonos nos dormitorios e tivemos a presentación do encontro, da temática (Emaús: Busca, Confía e Ama) e dos grupos para o mesmo.

Ler mais

DonBosco.com-tigo 2017

Entre o 24 e o 26 de Novembro os membros de Ini1 e Ini2 asistiron ao DonBosco.com-tigo, un encontro que tivo lugar en León no que os mozos e mozas de 3° e 4° da ESO puideron reencontrarse con outros rapaces/as de outros lugares de Galicia e España, facer novos amigos e o máis importante: reflexionar sobre distintos temas, sacar conclusións e asistir e participar en momentos de oración.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 18 novembro 2017

Era 18 de novembro de 2017 e Saltimbanquis, Andaina e ADS quedaban coma tódolos sábados ás 11,00 h. en Abertal. Logo dun Magosto conxunto no Vixiador, gozarían dunha mañá cada quen no seu movemento.

Ler mais

Daniel, voluntario europeo deste curso en Abertal!!!

Aquí achegámoste o artigo escrito por Daniel o voluntario deste curso en Abertal. Anímate a coñecelo!!!!

EVS Vigo 2017/18

Hola, me llamo Daniel y soy de Alemania, o como se dice en alemán: Hallo, ich heiße Daniel und komme aus Deutschland.Como la vida nos ofrece muchas oportunidades,especialmente para los ciudadanos europeos, yo creo que hay que aprovecharlas y por eso decidí hacer un SVE de 11 meses aquí en Vigo en el Centro Xuvenil Abertal.

Ler mais

Alternativa Vaivén – Magosto no Parque Forestal do Vixiador

Magosto de Alternativa Vaivén.

Aínda non marchara o fume do III magosto Rock, e xa estamos de novo o sábado, 11 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o magosto de Alternativa Vaivén

Preto dun cento de animadísimos saltimbanquis, Andainas e ADS brincamos e xogamos polo Parque Forestal do Vixiador, guiados por unha serie de probas agochadas nunha das súas sendas.

Ler mais

1 16 17 18 19 20 21 22 25