Inauguración dos grupos de Catecumenado

Es o que comes! Inauguración dos grupos de Catecumenado

Es o que comes! Queremos comer, alimentarnos e nutrirnos de Catecumenado. É por iso que aínda que os grupos xa constituídos levaban reuníndose desde finais de agosto, a inauguración oficial dos grupos de Catecumenado realizouse o venres 6 de outubro.

Mais dun cento de rapaces e rapazas de todos os niveis (Iniciación I, Iniciación II, Catecumenado I, Catecumenado II, Catecumenado III e algúns dos embrións dos grupos de referencia) comezaron cantando xuntos no día sinalado, de tal xeito que fose o xantar compartido o que nos unía.
Tralo xantar e a primeira constatación de tal número de participantes, á xeito de doce sobremesa, tivo lugar a presentación dos niveis e das persoas animadoras, un xogo para facilitar á interacción, o intercambio, á relación cos que menos se coñecen… Para descubrir, en fin, que somos moitos máis dos que ás veces pensamos.
Os globos soltados por cada grupo lembrábannos neste comezo de curso a necesidade de levantar á mirada, de establecer horizontes xeitosos para o mesmo… A coordinadora dos grupos, Ángela Landín, repartiu as caixas a cadanseu grupo e con elo cadaquén reuníuse para ter a primeira reunión do curso.
As boas vibracións deste comezo degustamolas cando, ao remate da reunión, todo o mundo ía voltando á sala de xogos a compartir o vivido: saborean algo da felicidade! Bo curso!