Aprobado o novo sistema de recoñecemento da educación non formal

Aprobado o novo sistema de recoñecemento da educación non formal
Acreditará formalmente as competencias adquiridas en actividades de lecer

O consello Interterritorial da Mocidade deu luz verde ao proxecto para desenvolver un sistema de recoñecemento da educación non formal no ámbito da mocidade. Este proxecto permitirá aos mozos, a acreditación das competencias adquiridas a través da súa participación en actividades que ofrecen o INJUVE, organismos de mocidade das comunidades autónomas, concellos, consellos de mocidade, asociacións e entidades xuvenís, escolas de tempo libre, casas de mocidade, centro de información xuvenil outros programas de mocidade.

As actividades da educación non formal que poden ser recoñecidas son: voluntariado xuvenil, actividades de animación e de dinamización no tempo libre educativo, participación en asociacións xuvenís e consellos de mocidade, intercambios xuvenís, cooperación ao desenvolvemento, cultura ou arte nova, información e orientación para mozas, feiras de asociacións, cursos e talleres formativos en materia de traballo, saúde, medio ambiente entre outros.

O proxecto ten como obxectivos mellorar a empregabilidade laboral dos mozos e fomentar a súa implicación en actividades de voluntariado. A capacitación das competencias será un procedemento gratuíto, telemático e permanente.

Este sistema de recoñecemento entrará en funcionamento a partir de 2019. Actualmente, o sistema RECONOCE impulsado polas entidades Don Bosco, ASDE Scouts e Didania, certifica as competencias adquiridas a través do voluntariado xuvenil.

Fonte páxina MonitorEducador