VI Mañás de Nadal

Outro ano máis, abrimos as nosas portas a 34 pequenos e pequenas de Vigo nas “Mañás de Nadal” desde o día 22 de decembro de 2016 ata o 5 de xaneiro do 2017, ambos incluídos. Rapaces e animadores (mozos e mozas de Vigo e comarca) reunímonos cada día, dende as 8,45 h. da mañá ata as 14,00 h. da tarde.

Ler mais

Experiencia de voluntariado no Club de Ocio

Son Nikos e durante o último ano participo como voluntario no Club de Ocio do Centro Xuvenil Abertal. En setembro de 2015 cheguei a Vigo para facer o meu Servizo Voluntario Europeo en Abertal. Durante este decateime de que había un proxecto para xente con discapacidade, que lles permite saír os sábados a tomar algo, asistir a concertos, espectáculos, cinema etc. e facer outras cousas interesantes.

Ler mais

Asemblea Xeral Ordinaria

O 23 de decembro do 2016, o centro xuvenil Abertal, asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, levou a cabo a súa Asemblea xeral ordinaria no curso 2016-2017 na que participaron ao redor de 35 persoas. Nesta asemblea participaron o Director do centro xuvenil, o equipo de xestión de Abertal, os/as responsables dos diferentes proxectos, a actual Xunta directiva e o equipo de animación.

Ler mais

Nadal Solidario 2016

Máis de 120 mozos e mozas de 15 a 25 anos colaboraron na campaña de recollida, clasificación, empaquetado e distribución de alimentos organizada por Abertal para as familias coas que colabora Cáritas.

En distintos formatos, este obradoiro de solidariedade ven realizándose desde Abertal desde fai preto de 40 anos.

Ler mais

Festa de Nadal no Clube de Ocio

O sábado 17 de decembro celebramos a festa de Nadal co Clube de Ocio no comedor do colexio Salesiano María Auxiliadora. Reunímonos un montón de amigos e amigas para dar remate ao primeiro trimestre de actividades do Clube de Ocio e de paso festexar o Nadal.

Ler mais

Chocolatada en Xinxín

O pasado 15 de decembro tivo lugar a festa de Nadal do proxecto de apoio escolar e ludoteca na sede de Abertal, na Rúa Venezuela 3 (baixo). As responsables do proxecto en Rivera Atienza, Abertal e Coia acordaron convidar a familias e fillos/as coa intención de coñecerse mellor e pasar unha boa tarde todos e todas xuntas sen estar rodeados de libros e deberes; non había mellor xeito de pechar este trimestre e compartir ilusións para os vindeiros.

Ler mais

CampoBosco e DonBosco.com-tigo

Velaquí dúas experiencias dos encontros que tiveron lugar en Ourense e Allariz a fin de semana do 25 ao 27 de novembro de 2016, DonBosco.com-tigo (por Iago López Otero) e CampoBosco (por Miguel Pérez Ojea), respectivamente:

O pasado venres día 25 de novembro comezaba un acontecemento único e irrepetible no ano e non no era o Black Friday se non algo mellor, no que o único que iamos encher  eran as nosas bolsas de experiencias para medrar e sobre todo mellorar.

Ler mais

Clube de Ocio – nov.

Unha nova experiencia en voluntariado

O apoio desde o  voluntariado a unha actividade como o proxecto do Clube de ocio de Abertal supón  o desenvolver  unha acción altamente gratificante para min xa que o traballo con persoas é o que máis me gusta.  
Comezar neste proxecto con participantes tan agradecidos e ser acollido dende o primeiro momento polo equipo foi moi grato e algo que me reconforta  a nivel persoal.

Ler mais

Asemblea de animadores de grupos do IEF

 
O fin de semana do 4 ao 6 de novembro, as animadoras e animadores de Abertal, participaron xunto con animadores de Centros Xuvenís de Galicia, Asturias e Castela e León  na asemblea de educadores e educadoras cristiáns de tempo libre. Realizouse nos locais de Salesianos Ourense e Allariz, organizado desde Pastoral Xuvenil da Inspectoría. Un total de 108 animadores e animadoras participaron neste encontro.

Ler mais

II Magosto Rock

Máis dun cento de participantes xuntáronse polo san Martiño en abertal para a clebración do Magosto Rock.

Desde as primeiras horas da tarde e tralas reunións de catecumenado, as mozas e mozos implicados na organización do evento estaban rebumbiando e ultimando detalles para a noite: compras de última hora, revisión de reservas, aparellos musicais, ensaios… mais so cando se acendeu o lume e o fume empezou a campear polo patio de abertal, comezaba realmetne o magosto.

Ler mais

1 19 20 21 22 23