Convivencias cristiás. Allariz

“Mira que hai tempo que estou a te chamar” foi a frase escollida por Pep Alamán, o salesiano afincado en Barcelona que atravesou a península para acompañar a un xeitoso número de animadoras e animadores de todos os centros xuvenís de Galicia no noso proceso de crecemento cristiá.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 3 marzo 2018

Nesta xornada os ADS comezamos a gozar da aventura que saíu gañadora na votación da semana pasada: Viaxando polo mundo! Ao ser o primeiro día da aventura decidimos encargarnos do máis elemental á hora de realizar unha viaxe, a mochila.

Ler mais

Acampada de Iniciación II (grupo dos martes)

O pasado sábado 17 de febreiro, o grupo de iniciación II de catecumenado dos martes comezamos unha gran acampada que rematou a domingo á mañá. Saimos as 16,30 cara a Freixo, concello de Crecente, pasando por unhas paisaxes impresionantes.

Ler mais

Excursión á Neve

O sábado 17 o espertador soou moi cedo. Os membros de Alternativa Vaivén  venceron os nervios e a incerteza, e tres buses saímos cara Cabeza de Manzaneda. As rapazas e rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS agardaban a saída á neve, posposta dende o día 3 de Febreiro, xa que é a saída estrela do segundo trimestre e unha das máis numerosas.

Ler mais

Entroido da Federación

E chegou o domingo do Entroido.
Como é  de todos sabido, Ourense ten un Entroido que non ten perda e por iso, máis dunha ducia de animadoras e voluntarios do centro Xuvenil Abertal venceron a preguiza e desafiaron ó mal tempo e o domingo pola mañá puxeron rumbo á Ourense para pasar un día de festa xunto con todo o centro xuvenil de Amencer.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 10 febreiro 2018

Entre nubes e claros, fomos baixando ao patio á espera do resto de compañeiros e compañeiras de Saltimbanquis e Andaina que chegaron ao longo da acollida. ADS prefería comezar a preparar na súa sala os utis que empregarían na súa actividade entroideira, a “mise en place” como dirían os profesionais!

Ler mais

Alternativa Vaivén – 3 Febreiro

O mes de Febreiro chegou á alternativa vaivén e con eles un sen fin de actividades e ilusión. Despois de termos que aprazar a excursión á neve para o día 17, xuntáronse saltimbanquis, andinas e Ads para gozar dun sábado cos amigos.

Os Saltimbanquis xuntáronse  ó redor de Teranga, amiga de Juanito, e con ela tiveron a sorte de coñecer  outros países e culturas. En pequenos grupos
Os Andainas estiveron preparando os seus disfraces para estas festas de Entroido. Mediante probas, ían conseguindo partes dos disfraces que logo, no tempo de amigos, servíronnos para ir descubrindo de que cousas podemos “disfrazarnos” porque nos axudan a ser mellores no noso día a día, e que “disfraces” debemos desbotar, pois non nos fan máis auténticos.
Mentres, os Ads estiveron traballando por grupos os proxectos auto-xestionados e de aventura. Cara o final da mañá presentóuselles o Campamento deste ano.

Xuntanza Autonómica de Catecumenado

I Congreso ‘Es o que comes’ – Xuntanza Autonómica de grupos de Catecumenado.

O sábado 20 de Xaneiro o Centro Xuvenil Abertal converteuse no anfitrión do I Congreso ‘Es o que comes’, que así se chamou ao xa tradicional encontro autonómico dos grupos de catecumenado.

Ler mais

Experiencia dunha voluntaria de longa duración en Grecia

Texto de Antía Fernández – Proxecto Grecia- Novembro 2017 , Agosto 2018

SVE EN KALAMATA:  A MIÑA EXPERIENCIA

Os camiños do SVE son, en ocasións, non sei se inescrutables, pero ao menos si, inesperados e incertos. No meu caso, o proceso de chegar a Kalamata durou case un ano. Un ano no que cheguei a esquecerme do proxecto, e no que o seu anuncio, a verdade, pilloume un tanto por sorpresa. Unha longa espera, a do EVS, que tantas cousas fermosas regaloume polo camiño.

Ler mais

Vixilia xuvenil Don Bosco

O sábado 27, coa día grande de Don Bosco en cernes, o grupo de Referencia I convidábanos a todos a unha vixilia xuvenil para celebrar a memoria de Don Bosco.

Ler mais

1 14 15 16 17 18 19 20 25