Musical Solidario Vampiros

O musical benéfico Vampiros estreouse este martes 29 no Cine Teatro Salesianos en Vigo, recadando fondos para a infancia e mocidade damnificada pola guerra en Siria. O precio da entrada foi de 3 euros, que se destinan íntegramente o proxecto solidario. Nesta obra participaron participan máis de 20 mozas/os da cidade entre actrices, actores, técnicos de son, técnicos de luz , maquilladoras, artistas de atrezzo apuntador , e director.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 27 abril 2019

Pasada a Semana Santa, retomabamos as actividades de Alternativa Vaivén cun aire renovado, cunha motivación extra!

Saltimbanquis, Andaina e ADS chegaban ao centro xuvenil e enchían de valbordo todas as salas. Con algunha nova incorporación aos grupos e cambio de animadores e animadoras, comazaba cada movemento a súa aventura.

ADS, o grupo das máis maiores, arrincaba a aventura VitrADS. E como é ben sabido, non hai tarxeta que se precie, sen a súa burocracia para conseguila. De porta en porta, de proba en proba, todos e todas pasaron polas diferentes ventanillas.

O AndainaRail daba comezo na estación de ferrocaril de Abertal para chegar, con algún que outro mareado, á estación de Cannes. Famosos e famosas, directores de cine, camarógrafos, técnicas de imaxe e son, enchían a sala andaina nada máis poñer o pe nesta fermosa cidade. Co billete de tren con “escenitas” incluídas, decidiron cambialo por outra viaxe e destino mellor, ao estilo de Xesús.

Saltimbanquis rematara o anterior trimestre cunha votación e hoxe por fin descubrían ese resultado. Gozarían por votación popular dun trimestre de…… artes!!! E como a música amansa as fieras, comezaron por ela. Diversos estilos encheron a sala laranxa e incluso o patio de música, baile e bo rollo. Xa no tempo da corda descubriron que a música é un bo vehículo para a oración, a tranquilidade, etc.

Aquí podes atopar unha escolma de fotos.

VII Mañás de Semana Santa

Parecía onte cando celebrábamos o Entroido, e hoxe, 22 de Abril, despedimos as vacacións de Semana Santa, non sen antes, telo celebrado en condicións.

Ler mais

Pascua no Camiño 2019

Unha Semana Santa máis, un grupo de animadores dos Centros Xuvenís de Vigo, Ourense, Lugo e León, unímonos para celebrar a Pascua realizando o Camiño de Santiago, na variante do Camiño Portugués da Costa.

Ler mais

Catecumenado II visita APAMP

Coma todos os trimestres, enriquecimos o noso percorrido no Itinerario de Educación na Fe cunha experiencia social. Logo de comer en Abertal o grupo de Catecumenado II dirixímonos a APAMP, unha asociación de familias de persoas con parálise cerebral, na súa sede de Navia.

Ler mais

Acampada e Festa dos Símbolos 2019

A piques de rematar o segundo trimestre do curso, Alternativa Vaivén adiantaba a Acampada e Festa dos Símbolos; así que o sábado 23 de marzo, erguémonos cedo para gozar dunha fin de semana de acampada en Vilán (Fornelos de Montes).

Ler mais

VII Mañás de Entroido

As festas do Entroido, tán típicas da nosa xeografía, xa petan na nosa porta e Abertal celebrouno por todo o aire. Máis de  80 nenas e nenos entre 3 e 12 anos participaron nas VII Mañás de Entroido. Outro ano máis, para facilicar a conciliación familiar, Abertal abriu as súas portas ás pequenas e pequenos de Vigo os días 4, 5 e 6 de Marzo. 

Ler mais

Anxo, SVE en Dinamarca

¡Hola! Soy Anxo, tengo 25 años y el pasado año estuve haciendo un voluntariado cultural en una cafetería de Roskilde, Dinamarca. Tras solicitar varios proyectos en distintos países europeos, se me brindó la oportunidad de acceder a esta opción a través de Abertal y, francamente, fue una de las mejores decisiones de mi vida.

Ler mais

1 8 9 10 11 12 13 14 25