Alternativa Vaivén – 6 abril 2016

Tras unha dinámica e alegre acollida, comezaban as actividades nos tres movementos: Saltimbanquis, Andaina e ADS.

Animadores e animadoras motivaron á participación no tradicional xogo de ADS, o ADS-Chou. Unha vez feitos os grupos, comezaron a xogar con xogos e probas como: preguntas de trivial, preguntas musicais, pictionary, probas sorpresa de habilidade, preguntas sobre Domingo Savio, etc. Xa no tempo de paz, lembrando a canción “Nieva, nieva” do musical de Domingo Savio, contouse o episodio da neve na estufa.que axudou a ver os valores que este rapaz defendeu e transmitiu aos compañeiros e compañeiras da clase. 

Andaina por outra banda, remataba o trimestre de festa, e como non podía ser doutro xeito, cunha gran festa Andaina. Facendo unha choiva de ideas acordaron que as cousas que había que preparar eran a música, a decoración, a comida e os xogos, así que unha vez feitos os equipos de traballo puxéronse mans á obra e organizaron unha boa leria! Co tempo na súa contra deron rematado puntuais para comezar a festa. Foi un momento de grupo, para xogar, bailar e cantar libremente. E case sen darnos de conta, estabamos sentadas no tempo de amigos e amigas. Facendo un reconto do preciso para montar unha festa, e pensando xa na seguinte festa, a Pascua, lembraron como seguir preparándose para ela, coa Coresma.

Saltimbanquis fixo un repaso de todo o que fixeron ao longo do trimestre, cun obradoiro no que elaborar un marco para a súa foto favorita do vivido nos últimos meses; logo reviviron os xogos que máis gustaron do trimestre. E para o tempo da corda a curtametraxe do día foi un vídeo das fotos do trimestre que lles axudou a pensar en cousas polas que querían dar grazas e pedir para o trimestre vindeiro. Para rematar, e ter en contar a súa opinión para escoller a aventura do terceiro trimestre escolléronse catro opcións e cada varios animadores e animadoras as presentaron como se do seu “programa electoral” se tratara, votaron e o resultado foi…. descubrirémolo á volta de Semana Santa.

Pincha aquí para ver as fotos.