Catecumenado II visita APAMP

Coma todos os trimestres, enriquecimos o noso percorrido no Itinerario de Educación na Fe cunha experiencia social. Logo de comer en Abertal o grupo de Catecumenado II dirixímonos a APAMP, unha asociación de familias de persoas con parálise cerebral, na súa sede de Navia.

Puidemos gozar dunha visita guiada por dúas das súas usuarias que nos acolleron cos brazos abertos e incluso nos deixaron acompañalas subidas a catro cadeiras de rodas, como as delas. Ao longo do tarde coñecemos as instalacións e presentáronnos a algúns dos seus residentes, que se sumaron. Foi unha experiencia de toma de contacto para, máis adiante, programar nós outra actividade para facer con elas. Quedamos moi ilusionadas e con ganas de volver.

Gracias por abirnos as portas da vosa “casa”

R. S. L. 

 

Aquí podedes atopar unha escolma de fotos.