VII Mañás de Semana Santa

Parecía onte cando celebrábamos o Entroido, e hoxe, 22 de Abril, despedimos as vacacións de Semana Santa, non sen antes, telo celebrado en condicións.

Abertal, por sétimo ano consecutivo, abriu as súas portas para facilitar a conciliación familiar e, deste xeito, os máis pequenos/as da casa achegáronse polas mañás a gozar duns días de xogos, obradoiros, tempo libre educativo, risa, cancións, e tempo de facer novos amigos. Nestas VII mañás de Semana Santa Abertal acolleu a 70 rapaces e rapazas de 4º de Ed. Infantil a 6º de Ed. Primaria, os días 15, 16, 17, 22 de Abril.

Foron uns días estupendos nos que aprendemos que se poden facer moitos obradoiros con cousas moi sinxelas, por exemplo, cun globo, papel de periódico e cola conseguimos facer un Ovo de Pascua; cunhas galletas e un pouco de queixo de untar, fixemos unhas trufas caseiras que fixo que nos chuparamos os dedos; cun prato partido á metade e uns anacos de papel, fixemos un polo saíndo do cascarón…
Logo tamén aprendemos a gañar, pero tamén a perder, algo que non sempre somos quen de aceptar. Nestes días de grandes xogos, cancións, coreografías, obradoiros, busca de pistas…démonos conta de que o importante é pasar un bo rato con todos os compañeiros. Gañar ou perder… é o de menos.

Outras vacacións de Semana Santa que xa tocan o seu fin, pero cada un de nós levouse un ovo decorado, que nos lembra o ben que o pasamos nestes días.
Queremos que Abertal sexa un lugar para rir, soñar, xogar, imaxinar e crear, de todo menos aburrirse, así que xa nos poñemos a preparar as seguintes Mañás de!

Preme aquí para ver que ben o pasamos.