VI Torneo Nocturno Futsal Don Bosco 2020

Na tarde, noite e madrugada do pasado venres e sábado, 24 e 25 de xaneiro, desenvolveuse nas instalacións do Colexio María Auxiliadora Salesianos Vigo a 6ª edición do torneo de fútbol sala organizado polo Centro Xuvenil Abertal.  

Ler mais

Saída Catecumenado a Compostela

Coa pena de non ir a Lugo á Xuntanza dos grupos de Catecumenado, quixemos manter unha actividade na que os grupos de Catecumenado de Vigo aproveitáramos para convivir e seguir compartindo experiencias xuntos e xuntas.

Ler mais

Alternativa Vaivén 11 xaneiro 2020

Saltimbanquis, Andaina e ADS retomaban as súas aventuras no 2020 o sábado 11 de xaneiro.

Saltimbanquis abría as súas portas cunha viaxe polo mundo do cine, comezando pola peli “Hotel Transilvania” co que a aparición de diferentes mounstrous desatou algúns medos que foron quen de domar e poñerlle nome coa axuda de compeñeiros e compañeiras, ao máis puro estilo de Xesús.

Ler mais

Acampada Aninovo Cate II – Barcia de Mera

O pasado xoves 2 de xaneiro, 15 persoas do grupo de Catecumenado II comezamos unha significativa acampada de Aninovo que rematou a domingo á mañá. Saímos ás 18,00 h. cara Barciademera, concello de Covelo, xa caera a noitiña e non puidemos ver a fermosa paisaxe ata o día seguinte.

Ler mais

Saltimbanquis e Andaina 14 dec. 2019

O gran grupo de ADS marchaba a tarde anterior ao Compostela Express polo que Saltimbanquis e Andaina aproveitaron todos os recunchos do centro xuvenil, para prepararse para o Nadal.

Ler mais

XIX Congreso Estatal de Centros Xuvenís Salesianos

Os pasados 5, 6, 7 e 8 de decembro de 2019 unha representación do Centro Xuvenil Abertal sumábase ao Congreso de CCXX en León. Unha oportunidade para coñecer as outras realidades e amosar a nosa; co obxectivo de aprender, mellorar e compartir camiño.

Ler mais

III Torneo Solidario Nocturno Baloncesto 3×3

Deporte, noite e solidariedade na terceira edición do Torneo de baloncesto 3×3 de salesianos. Máis de cento trinta persoas inscritas neste torneo, dentro das actividades da Campaña do Nadal Solidario coordinada desde o Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.

Ler mais

Alternativa Vaivén – 30 novembro 2019

O sábado 30 de novembro, Saltimbanquis, Andaina e ADS terían a derradeira actividade por movementos en horario habitual do ano. A aventura do 1º trimestre a dábamos por rematada xa que na ponte non habería actividade e o seguinte sábado ADS tería o Compostela Express e Andaina e Saltimbanquis, a súa celebración de preparación do Nadal.

Ler mais

CampoBosco e Don Bosco.com-tigo

A pasada fin de semana os rapaces e rapazas de Iniciación e Catecumenado fomos a León para uns encontros con outros centros xuvenís da Inspectoría chamado CampoBosco e DonBosco.com-tigo. Alí, tras unha longa viaxe en bus e os pertinentes reencontros cos amigos e amigas de campamentos pasados, instalámonos nos dormitorios e tivemos a presentación do encontro, da temática “Coma na casa”: Unha casa diFErente e dos grupos.

Ler mais

Alternativa Vaivén 16 nov. 2019

Saltimbanquis, Andaina e ADS reuníanse o sábado 16 de novembro, nunhas das súas últimas actividades da aventura deste trimestre xa que entre a celebración do Nadal e algúns festivos, xa queda menos.

Ler mais

1 5 6 7 8 9 10 11 25