Formación de voluntarios e voluntarias

TARDE DE FORMACIÓN E DIVERSION EN ABERTAL

Comeza un novo curso e por tal motivo reunímonos un grupo de voluntarios/as e traballadoras de Abertal para coñecernos un pouco mais e ter unha sesión formativa conxunta. Unha tarde moi amena e divertida onde, estreitando lazos, medramos xuntos/as.

Con esta formación, conseguimos chegar a un maior coñecemento dos dereitos e deberes dos/as voluntarios/as, atopar o noso/a neno/a interior e rirnos un pouco.
Dinámicas de grupo, creatividade, bos propósitos, compromiso e ata un pouco de teatro na formación para o voluntariado que se impartiu en Abertal os días 3 e 16 de novembro cun total de 21 participantes.

Aquí atoparás unha escolma de fotos.