Reunión coas familias

O día 22 de outubro tivo lugar o primeiro encontro do curso coas familias de Alternativa Vaivén.
Preto dunha cincuentena de participantes xuntáronse na aula magna do colexio salesiano para á presentación das actividades de Alternativa Vaivén.

Os responsables do Centro Xuvenil presentaron de xeito áxil os elementos identificadores do Itinerario de Educación na Fe: grupo, proceso, educativo, cristián, tempo libre, ritmo semanal, ámbito local e inspectorial…
Un vídeo-memoria puxo imaxe ás palabras da presentación e facilitou á comprensión de canto se expuxo.
A reunión remataba co importante e significativo momento da imposición de panos, que este ano realizaron significativamente as familias presentes e os animadores e animadoras.
Un ratiño para picotear mentres se intercambiaban impresións do vivido e se preguntaban dúbidas e pareceres.
Vede as fotos.