O pasado 8 de marzo de 2017, co gallo do Día Internacional da Muller, saiu á luz unha exposición fotográfica titulda " A muller en Abertal ...", frase que continuaban cada unha das mulleres, nenas, rapazas, etc., que forman parte deste centro xuvenil concretada coa acción que nesta asociación desenvolven (programar, coordinar, xogar, facer voluntariado, etc.).

Ler máis: Día da muller - 8 marzo

Co bo sabor de boca que nos deixara a anterior formación en rol e xogos de mesa, quixemos xuntarnos unha tarde de sábado e abrir as portas á cidade para aprender, pero sobre todo xogar.

Ler máis: Xornada de rol e xogos de mesa

O pasado 4 de marzo de 2017, Andainas e Saltimbanquis compartiron temática. Rapaces e rapazas andainas viaxaron aos anos 70, época do espertar das liberdades, do movemento hippy, da non violencia.

Ler máis: Alternativa Vaivén - 4 marzo 2017

No primeiro trimestre, os grupos de Iniciación ao Catecumenado xa compartiran unha acampada. E foron as ganas de volver a convivir e compartir algo máis que unha tarde, as que levaron ao redor de 40 rapaces e rapazas a xuntarse na tarde do venres 3 de marzo ata o final da mañá do sábado 4 marzo.

Ler máis: Acampada Iniciación - ConstrúeT

Un ano máis, a Asociación Xuvenil Abertal (Vigo, r/Venezuela, 3) abriu as súas portas aos pequenos da casa nas “V Mañás de Entroido”. É un campamento infantil, para nenos de 3 a 12 anos, aberto á cidade, que durou tres días, coincidindo coas vacacións escolares de Entroido.

Ler máis: V Mañás de Entroido