Xuntanzas Saltimbanquis e ADS en Vigo

Algúns dos grupos do Itinerario de Educación na Fe dos centros xuvenís de Galicia celebraron o seu encontro do terceiro trimestre, a xa clásica ‘Xuntanza’ ao redor de Abertal, o centro xuvenil de Vigo que celebra este curso os seus 45 anos de existencia, o pasado 11 de maio. Con presenza dos centros xuvenís de Abeiro (A Coruña), Amencer (Ourense) e o propio organizador, a xornada foi unha oportunidade para compartir todo o vivido neste curso polos Saltimbanquis (1º a 3º de Primaria) e os ADS (1º e 2º da ESO). Todos os animadores e os participantes levaron unha edición limitada dunha chapa conmemorativa da xornada e deste aniversario do centro vigués.
Podes ler aquí o artigo completo e ver unha escolma de imaxes na nosa galería.

Andaina aproveitou a xornada para facer a súa propia excursión ao parque de Castrelos no que gozaron dunha xornada de xogo, convivencia e natureza, sen perder de vista a súa misión como detectives! Estas son algunhas imaxes do día.