Un curso máis que remata, e con el o peche ao proxecto XINXíN 2023-2024 de apoio e reforzo educativo, dirixido ao alumando do colexio Salesianos María Auxiliadora, desde 4º de Educación Primaria a 4º de Educación Secundaria. Con este proxecto tratamos de dar resposta ás necesidades educativas de cada un dos rapaces e rapazas participantes ao longo do curso escolar, e procuramos ofrecerlles ferramentas para avanzar no seu proceso educativo.
Coas familias, o alumnado e os voluntarios e voluntarias presentes nesta actividade de peche de trimestre reflexionamos sobre os momentos vividos durante o ano escolar, comentamos as dificultades académicas superadas e festexamos os éxitos acadados nas distintas materias cunha merenda conxunta.
Grazas aos rapaces e rapazas que participastes, polo voso esforzo e a vosa implicación, foi un pracer acompañarvos nestes meses de traballo. E grazas aos voluntarios e voluntarias, por apoiar e dar sentido a este proxecto tan necesario.
Vémonos pronto!
Marta Álvarez