O Centro Xuvenil Abertal organizou actividades de conciliación familiar abertas a toda a cidade durante as vacacións escolares de Nadal.
Un ano máis, o Centro Xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organizou os días 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro as ¨ XIII Mañás de Nadal ¨. Trátase dun campamento destinado a nenos e nenas dende 4º de E. Infantil (3 anos) ata 6º de E. Primaria (12 anos).
Esta ano, foi a décimo terceira edición, levada a cabo de martes a venres en horario de mañá, cun total de 55 nenos e nenas. Deste xeito, as familias puideron conciliar a súa vida laboral e familiar.
As actividades desenvolvéronse de 09:15 a 14:30 h., ofrecendo, a maiores, servizo de madrugadores, de 8:30 a 09:15 h. de balde.
Educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, e promover un Nadal activo e participativo axeitado ás idades dos participantes, favorecendo a creatividade, a participación e o traballo en equipo, son algúns dos obxectivos acadados na realización deste campamento..
Houbo actividades moi variadas coma xogos, obradoiros, deportes, cociña, excursións e visitas culturais.
Pola gran acollida que están tendo as ¨Mañás de¨, nas que ano tras ano vese como vai aumentado o número de participantes, queremos que Abertal siga sendo un lugar para imaxinar, descubrir e crear, fomentando o compañeirismo, o traballo en equipo e rir … de todo menos aburrirse.
Podes atopar aquí algunhas imaxes do ben que o pasaron.
Vémonos na vindeira cita para seguir apoiando ás familias e gozar coas rapazas e rapaces dun tempo libre lúdico e educativo! Seguinte parada, Mañás de Entroido!