A casa salesiana de María Auxiliadora de Vigo coordinouse para recoller alimentos e contribuír así coa Cáritas parroquial neste Nadal.
Desde o pasado 1 de decembro estivo en marcha a campaña de recollida de alimentos en colaboración con varias entidades do barrio e que foi destinada a Cáritas parroquial, que durante todo o ano atende a preto de 50 familias todos os meses.
Un bo equipo de voluntarios e voluntarias encargáronse de recoller e clasificar os paquetes recollidos ao longo do mes de decembro. Agradeceron sobre todo a achega de produtos e doces típicos do Nadal, que permitiron entregar ás familias do barrio un paquete tan especial como especiais son estas datas.
Con esta acción solidaria tamén se pretende visibilizar as necesidades deste barrio do centro da cidade e sensibilizar aos mozos e mozas que participan.
Aquí atoparedes algunhas imaxes da xornada.
Moitas gracias a todas as persoas que aportaron o seu graniño de area e fixeron posible a organización e traslado dos 2472 alimentos, que poderon chegar a máis de 100 persoas.