XIX Congreso Estatal de Centros Xuvenís Salesianos

Os pasados 5, 6, 7 e 8 de decembro de 2019 unha representación do Centro Xuvenil Abertal sumábase ao Congreso de CCXX en León. Unha oportunidade para coñecer as outras realidades e amosar a nosa; co obxectivo de aprender, mellorar e compartir camiño.

Con diversas ponencias como: “La realidad actual de los jóvenes y del tiempo libre”, “Los retos del futuro del tiempo libre y de nuestros centros juveniles” e “Respuestas desde los CCXX salesianos para un tiempo libre educativo” colliamos ideas, pero sobre todo folgos para continuar a nosa tarefa no local. Coa posibilidade de compartir as nosas opinións e reflexións en pequenos grupos, tivemos momentos de grupos de traballo e grupos de discusión.

Casi a piques de rematar o encontro coñeciamos de preto algunhas das experiencias levadas a cabo nas diferentes federacións; dende a nosa, levábamos o proxecto “Club de Ocio” lecer con diversidade funcional.

Dábamos por rematado o congreso reuníndonos por inspectorías e coñecendo o lugar, cunha visita turística por León.

Aquí podes ver algunhas fotos.