Saltimbanquis e Andaina 14 dec. 2019

O gran grupo de ADS marchaba a tarde anterior ao Compostela Express polo que Saltimbanquis e Andaina aproveitaron todos os recunchos do centro xuvenil, para prepararse para o Nadal.

Comezaban na Sala de Xogos, con moito baile, xogos de mesa e a novidade dos futbolíns e pinpon; gozando ao máximo da sala do grupo das maiores, co que soñan con ledicia. Unha vez que xa estabamos todos e todas, dirixímonos á parroquia María Auxiliadora, na que nos recibiu Lorenzo o párroco, coñecido por moitos  moitas. Decidiron que este lugar de tranquilidade e silencio era o mellor para caer na conta do Nadal que estabamos a preparar. As luces e os adornos nos axudan a meternos en ambiente por eso os obradoiros para decorar as instalacións do centro xuvenil durante estas festas, pero a verdadeira luz é a propia que gardamos para poder alumear a outras persoas; como os Magos de Oriente, guiados por unha estrela cunha luz especial ata Xesús. Os máis pequenos e pequenas, acompañadas de animadores e animadoras, compartiron a cantidade de veces que son luz para outras persoas e marcharon con ánimo de celebrar un sinceiro Nadal.
Para ver a escolma de fotos preme aquí