A pasada fin de semana os rapaces e rapazas de Iniciación e Catecumenado fomos a León para uns encontros con outros centros xuvenís da Inspectoría chamado CampoBosco e DonBosco.com-tigo. Alí, tras unha longa viaxe en bus e os pertinentes reencontros cos amigos e amigas de campamentos pasados, instalámonos nos dormitorios e tivemos a presentación do encontro, da temática “Coma na casa”: Unha casa diFErente e dos grupos.
Ao día seguinte, tras o almorzo tivemos os bos días e logo separámonos en grupos para pasar por diferentes experiencias en relación coa temática. Tras as rotacións tivemos un pequeno tempo libre, e logo xuntámonos en grupos para falar sobre as experiencias e compartir co noso grupo.
Pola tarde, despois de xantar e do tempo libre, xuntámonos para escoitar unha ponencia sobre diferentes realidades familiares e pudemos facer preguntas. Posteriormente, xuntámonos nos grupos da mañá e reflexionamos sobre a presentación para despois preparar a celebración da reconciliación que tería lugar despois. Antes de cear tivemos a celebración e despois tivemos unha velada con diferentes opcións como xogos de mesa, torneo deportivo, Just Dance,… Tras as actividades, tivemos as boas noites e marchamos a durmir.
O domingo pola mañá reunímonos nos grupos do CampoBosco para facer a avaliación do encontro e, mais tarde, xuntámonos nos grupos de orixe para valorar a experiencia e crear compromisos, tanto de grupo como persoais. Tras o almorzo, subimos ao bus para voltar a Vigo.
O CampoBosco foi unha oportunidade para reencontrarse cos amigos e amigas doutros lugares pero tamén para desconectar e traballar nun mesmo e na relación coa contorna. Co perfecto equilibrio de tempo libre, tempo de reflexión e tempo para gozar; sen dúbida algunha, unha experiencia para lembrar.
Aquí poderedes ver unha escolma de fotos.