Alternativa Vaivén 16 nov. 2019

Saltimbanquis, Andaina e ADS reuníanse o sábado 16 de novembro, nunhas das súas últimas actividades da aventura deste trimestre xa que entre a celebración do Nadal e algúns festivos, xa queda menos.

Saltimbanquis abría as súas portas ao biblotecario agardando que xa levara entre as mans o valioso libro dese sábado , pero unha vez máis, precisaría da axuda do equipo de rapaces e rapazas. Pocahontas foi o conto eleixido e aproveitando un día soleado subiron ao Castro para gozar da natureza e aprender habilidades indias.

Andaina, na súa máquina do tempo viaxaba aos anos 70, época hippye, na que as mensaxes de paz predominaban ante as moitas guerras no mundo. E como andainas, había que actuar, así que sairon á rúa para transmitir esa mensaxe ante as continuas malas novas nos xornais e redes sociais. E para rematar, e continuar coa mensaxe nas súas casas, clases e contorno, fixeron a súa camiseta con mensaxe!

ADS continuaba á carreira no Compostela Express, recadando os “composteleuros” necesarios para o final da aventura. Para iso cun mapa de Vigo nas mans, recorreron as diferentes zonas verdes, facendo probas. Remataban a mañá cun xesto importante no que fixarse para seguir medrando: nunha maceta reciclada (a entidade que nos acolle) enchida de terra (amigos e amigas, o grupo ADS, etc.) que acollía unha semente (os valores ADS, inspirados en Xesús) que terán que regar (unha maneira de vivir) semanalmentepara que dea os froitos esperados .

Aquí podes ver algunhas fotos.