Alternativa Vaivén – 30 novembro 2019

O sábado 30 de novembro, Saltimbanquis, Andaina e ADS terían a derradeira actividade por movementos en horario habitual do ano. A aventura do 1º trimestre a dábamos por rematada xa que na ponte non habería actividade e o seguinte sábado ADS tería o Compostela Express e Andaina e Saltimbanquis, a súa celebración de preparación do Nadal.

Xa na última etapa do Compostela Express na que fomentar o traballo en equipo, a competencia saudable e poder xogar con elementos comestibles (concienciarnos da sorte que temos de vivir onde vivimos). Poderían ascender nos postos do ranking da aventura xeral superando unha serie de probas de recompensa como: proba da mazá, lanzamento de oso, unto branco, regaliz de lonxitude, osos voadores, precisión e tranquilidade, emprega o melón.

Andaina por outra banda, por fin lograba arranxala máquina do tempo, pero antes de que lles dera tempo a subirse nela, era unha visitante do futuro a que se achegaba á nosa actividade para avisarnos de que a cousa estábase poñendo complicada para o noso planeta, que o estabamos a estragar e que nun periodo corto de tempo, poderiamos desaparecer se non faciamos algo, por iso se puxeron mans á obra. Decidiron afondar nos diferentes problemas e concienciar sobre as posibilidades que tiñamos nas nosas mans.

Saltimbanquis, mergullaba na historia de Ratatuille, na que os máis pequenos tamén poden ser artífices de grandes proxectos, por iso repartindo o traballo entre todas conseguiron sacar adiante unha receita ben xeitosa.

 

Aquí unha mostra de imaxes.