Magosto en Alternativa Vaivén

 Aínda non marchara o fume do V Magosto Rock (actividade xuvenil), e continuabamos o sábado 9 de novembro, pola mañá prendendo o lume para o Magosto de Alternativa Vaivén.

Unha morea de animadísimos e animadísimas Saltimbanquis, Andainas e ADS brincaban e xogaban polo patio celebrando a nosa festa tradicional onde as castañas, as caras manchadas e a música en galego foron as protagonistas. Unha mañá de xogos populares na que se mesturou tradición e modernidade.

Cada quen co seu cucurucho quentiño entre as mans, sentaron arredor do lume para gustar as sabrosas castañas. Desta volta, aínda que non puideramos ir ao monte por mor da choiva, pasámolo en grande celebrando o magosto en Abertal! Mirade as fotos para comprobalo!

Para mirar as fotos pincha aquí.