Obradoiro de Solidariedade 2018

Misión posible, Nadal solidario: O reto 3t (tres toneladas) conseguido

O Centro Xuvenil Abertal, que pronto cumprirá 40 anos de existencia e compromiso coa mocidade viguesa, estableceu á Obra salesiana de María Auxiliadora de Vigo o reto de acadar as tres toneladas de alimentos para contribuír con Cáritas parroquial para este Nadal.

Desde o pasado 30 de novembro estivo en marcha a Campaña de recollida de alimentos promovida desde Abertal, decana das campañas deste estilo de cantas se desenvolven na cidade olívica, en colaboración con varias entidades e establecementos do barrio e que foi destinada a Cáritas parroquial, que durante todo o ano atende a máis cen persoas todos os meses. O Centro Xuvenil Abertal, entidade socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, que está a celebrar os 25 anos da súa existencia, promove esta actividade desde os anos oitenta (“Operación Trigo”).
A Comisión de Solidariedade e o Equipo de Pastoral, seguiron de preto a recollida de alimentos que se está a dar e agradeceron sobre todo a achega de produtos e doces típicos do Nadal, que permitiron entregar ás 39 familias un paquete tan especial como especiais son estas datas’.
“Non competimos con outras entidades e organizacións que fan actividades semellantes, –asegura Alba Díaz- senón que tentamos visibilizar tanto as necesidades como a solidariedade nas distancias máis curtas, tamén neste barrio do centro da cidade”.

Obradoiro de Solidariedade: protagonismo xuvenil, formación e compromiso
Toda a recollida de alimentos que se estivo a realizar, acadou seu clímax o venres no Obradoiro de Solidariedade, para o que houbo máis de centovinte persoas inscritas como voluntarias para o reconto, elaboración dos paquetes familiares e o seu traslado aos locais de Cáritas.
O obradoiro foi precedido dunhas xornadas formativas para as persoas coordinadoras nas que coñeceron máis polo miúdo o funcionamento de Caritas, ofrecéndolles recursos para a xestión das persoas, favorecendo a convivencia entre eles.
O obradoiro, que se desenvolveu na tarde e tarde-noite do venres concluiu cun momento festivo no que celebrar o compromiso da xente moza e o compartir do chocolate quente e a rosca.

Moitas gracias a todas as entidades que aportaron o seu graniño de area e a todas as persoas que fixeron posible poder organizar e entregar os 3.499,24 Kg

 

Aquí algunhas fotos dan mostra delo.