O sábado 15 de decembro celebrábamos a última actividade de Alternativa Vaivén do ano, mellor dito, de Andaina e Saltimbanquis, xa que ADS estaba de acampada.
Ben cedo nvadían o centro xuvenil mociños e mociñas con ganas de estar cos amigos e amigas, pasalo ben e, tamén por que non, aprender. Logo dunha acollida conxunta na que saúdar ás que facía tempo que non víamos, comezamos a mañá coa celebración de Nadal da man de Javier, na parroquia María auxiliadora. Moitas non se imaxinaban que ademais de rezar, na igresa se podía cantar, bailar, compartir, pero o que si quedou claro foi que todos e todas saían cun sorriso na cara, un agasallo nas mans e no corazón.
A continuación, cada sala do centro xuvenil se transformou para a ocasión. Unha converteuse nun teatro, no que Saltimbanquis escoitaban o evanxeo e os experimentaben para contar os seus propios contos de Nadal. As apertas dos avós, as ceas cos tíos, os xogos cos curmáns, os encontros cos membros lonxanos da familia, etc. eran das cousas máis valoradas destas datas.
Por outra banda, outras salas de Abertal convertéronse en obradoiros, que coa motivación do programa de televisión Art attack moitos “manitas” se puxéron mans á obra para decorar cada rincón. Materiais reciclados como oveiras, vasos de iogur, cartóns, rolos de papel, revistas, etc. reutilizáronse (como ben reza unha das “Regras de Ouro”) e se transformaron en fermosos adornos de Nadal.
E para rematar a mañá, non puidemos deixar de cantar as panxoliñas, menudos artistas!
Aquí podes ver as fotos!