Coa única intención de ter a última reunión por grupos, se xuntaron os rapaces e as rapazas dos grupos de Catecumenado. Comezando por unha avaliación o máis sincera posible, repasando o compartido este ano, o proceso persoal e a evolución do grupo; continuamos soñando cos obxectivos do vindeiro curso 2018-2019. Aínda que xa foron unhas reunións moi interesantes, non podía quedar a cousa así, así que comezamos a segunda parte da tarde facendo unha foto de familia na que estiveron persentes 4 grupos dos 5 que formamos o Catecumenado local de Vigo. Coa calor que xa comezaba a apretar, a mellor opción foi compartir uns xeados e todo isto deu pé a unha batalla de auga, sen feridas! Como a calor ía continuar durante varias semanas (e ogallá todo o verán) decidimos despedir o curso de xeito informal cunha comida na praia o vindeiro 22 de xullo, antes de despedirnos ata o vindeiro curso ou ata o campamento!!!