Asemblea de final de curso dos Animadores/as do IEF

O sábado 16 tivemos a asemblea conxunta dos animadores/as do Itinerario de Educación na FF de final de curso. Quixemos ter un sábado no que xuntarnos, revisar o curso pasado, e soñar cas aventuras do ano que ven para os nosos rapaces.

Despois da benvida, as animadoras do itinerario que están a realizar o curso de monitores de tempo libre propuxéronnos para comezar o día de forma divertida, un xogo.
Logo, a modo de lembranza, proxectamos unhas fotos das actividades de este ano para que nos axudaran no momento posterior de avaliación. Fomos facendo un repaso das actividades conxuntas deste curso e cada un dos animadores/as  foi dicindo unha cousa boa que mantería e unha cousa que melloraría, sempre ca mirada posta na mellora das actividades.

Cara o fin da mañá, xa por movementos, repasamos os puntos febles do ano pasado e soñamos as actividades do ano que ven. Unha vez rematadas as reunións tivemos un xantar compartido na sala de xogos. Momento distendido no que falar entre nós da temida ABAU, dos posibles plans de verán…

Xa pola tarde, a modo de conclusión do día, gozamos dunha tarde de lecer en grupo no Parapark de Vigo, o primeiro centro de ocio de escapismo en Vigo.