Alternativa Vaivén – 26 de maio de 2018

O sábado 26, sen facer caso ao mal tempo que anunciaba o telexornal, xuntabámonos preto de 60 rapaces e rapazas cos animadores e animadoras de Alternativa Vaivén para compartir unha mañá diferente.

Saltimbanquis tiveron unha aventura na prehistoria, botando a vista atrás, ao pasado, moi moi ó pasado. Adentráronse na vida dos dinosaurios e puideron observar que pegadas máis grandes deixaban ao pasar. Logo, no tempo na corda, preguntáronse cales son as pegadas que Xesús deixaba na nosa vida e cales deixabamos nós na dos demáis.

Por outra banda, Andaina, a piques de rematar a cidade Andaina, e coma en todas as cidades, déronse de conta que non podía faltar un parque de atraccións. Este sábado démoslle a batuta aos do último curso de Andaina para que preparasen unha serie de xogos para os seus compañeiros e compaeñeiras e gozar, así, dunha mañá de xogos compartidos.

Namentres ADS continuaron a festa de María Auxiliadora cunha feira de xogos variados (ping-pong, FIFA, baloncesto, futbolín e xogos de mesa). Para rematar aprenderon a oración dos cinco dedos coas que descubriron un xeito de ter a moitas persoas diferentes na nosa mente e no noso corazón.

 

E pinchando aquí atoparás unha mostra do ben que o pasamos.