Alternativa Vaivén – 2 xuño 2018

Parecía ser outro sábado pronosticado de choiva, pero foi ao chegar ao centro xuvenil cando nos dimos de conta que o sol ía acompañarnos toda a mañá.

Andaina rematou a súa cidade colocando o estadio de deportes. O patio convertiuse nun campo de beisbol improvisado, o atletismo, os xogos de raqueta como o pin-pon e o badmintón estiveron presentes ao principio (xunto con máis xogos), pero foi ao final da mañá, no tempo de amigos, cando se rememoraron todas as regras de ouro e colocouse solemnemente a árbore Andaina na rotonda da cidade.

ADS tiña a súa última actividade na sú sala e convertírona nun espectáculo televisivo, en formato de concursos variados: cantar ata perder a voz, probas de axilidade física e mental, xogos de equipo, etc. O tempo de paz, foi realmente pacífico gracias á boa disposición dos rapaces e rapazas a facer silencio e reflexionar individualmente acompañados por música relaxante (comentaban algúns animadores e animadoras ao rematar, na avaliación do día).

Saltimbanquis, baixo petición expresa dun grupiño (sorprendenetemente dos máis pequenos), a aventura das emocións ía colmar a mañá de actividades e moitas novedades. Calmar a ira coma se fosen velas, pita conxelado como se o medo nos paralizase, bailar ata caer ao chan de alegría e a “sala asquerosa” tentaba facer de gominolas, chocolate e arroz infaldo, alimentos extraños que poder adivinar cos ollos pchados, empregando os outros sentidos. Acabando sun tempo na corda en equilibrio, das emocións que se nos presentan no día a día e a proposta de paz de Xesús.