Alternativa Vaivén – 19 maio 2018

Como todos os sábados, animadores a animadoras do Itinerario de Educación na Fe se xuntaban ás 10h para coordinar as actividades da mañá e poñer en mente todo o que nos agardaba a vindeira semana (celebración, festas no patio, actividades xuvenís, etc. ao redor de María Auxiliadora).

Algo antes das 11h comezaban a chegar rapaces e rapazas de Saltimbanquis, Andaina e ADS que na media horiña de acollida convertéronse nun bo grupo de 70 persoas. Xogos na sala xuvenil, brilé, frisbi, comba, fútbol e baile, eran algúns dos entretementos da acollida.

ADS logo comezou coa preparación dalgúns obradoiros como as carteiras de comics, as chapas personalizadas, velas perfumadas ou pixla, cos que tentarán recaudar fondos para poder rematar a súa aventura autoxenerada dun xeito especial.

Andaina continuou a contruir a súa cidade soñada, completando os espazos libres de uso, e hoxe tocaba descubrir a policía. Un servizo á cidadanía, para os que máis o precisan. Así que todos e todas sairon á rúa para cumplir a súa “misión”, algúns botaron unha man a levar as bolsas da compra, outros amenizaron a rúa Príncipe cos seus cantos de aniamción, algúns foron os máis atrevidos e foron a coñecer de preto a labor dos servizos policiais cunha entrevista aos que estaban a pé.

Saltimbanquis coa na súa aventura de montaña, aproveitando a xornada soleada, subiron ao cumio do Castro facendo xogos e gozando da natureza, descubrindo este agasallo que todas e todos temos ao alcance da man gratuitamente e polo que nos sentimos agradecidos.

Con moitas máis anécdotas que contar (que se poden ver nas fotos, pinchando aquí) e agardado a chegada da ACAMPADA DE SÍMBOLOS, despedímonos!!