Alternativa Vaivén- 7 de Abril 2018

Xa de volta das vacacións de semana santa, ca experiencia de viviren cada día máis resucitados, o sábado 7 de Abril xuntámonos para a primeira actividade deste terceiro trimestre.

Debido o mal tempo, ós partidos e as festas, non eran moitos rapaces, pero os suficientes para pasalo en grande e comezar con ilusión unha nova aventura.

Os pequerrechos comezaron a primeira das aventuras nas que se mergullarán neste trimestre. Da man do elefante Elmer démonos conta de que as diferencias non só non destrúe o grupo, senón que son unha riqueza que nos axuda a medrar, coñecernos e amarnos entre todos coma irmáns.

¡Os Andainas estrearon cidade! Pero é unha cidade chea de ocos dispoñibles que, sábado a sábado terán que ocupar. Este sábado comezamos polo teatro, un elemento importante na vida dun andaina. ¡ Que sería de nos sen o teatro e a capacidade que ten para emocionarnos e axudarnos a xestionar aquilo que pasa polo corazón.

Por outra banda, os Ads tiñan una misión: Reconquistar a cidade, e para iso, tiñan que superar una serie de probas, entre elas ¡sacarse una foto co alcalde! Unha vez rematada a incursión e conquistada a cidade voltamos á Abertal. Xa no tempo de paz reflexionamos sobre os horrores da guerra e a falta de liberdade que, hoxe en día, están a sufrir algúns irmáns polo mundo.

Para ver as fotos preme aquí.