Alternativa Vaivén – 14 abril 2018

Augurábanos unha mañá sen choiva, que se convertía en boa nova para todos e todas os que querían saír a xogar. ADS aproveitaba para subir ao Castro e ambientarse na cultura castrexa. Ao longo da mañá, en cada un dos xogos fóronselle entregando un anaco de papel que contiña unha runa en linguaxe gaélica coa que completaron o proverbio: “A túa casa está onde está o teu corazón”. Despedíronse coa motivación de facer fogar alí onde vaian.

Andaina proseguía coa súa particular misión de construir a cidade Andaina; e un lugar fundamental polo que continuar foi a escola. Pero resulta que neste colexio, a escola está rodeada por outros moitos ambientes que también educan, o centro xuvenil, a parroquia, etc., cun punto de encontro: o patio. Foi alí donde desenvolveron todos os xogos relacionados para rematar co “tempo de amigos” cunha pregunta… e ti de que vas?

Os mociños e mociñas Saltimbanquis mergulláronse na aventura submarina da man de Pablo, un dos amigos de Juanito máis curioso e atento. Practicando as nosas habilidades de pescuda para atopar o tesouro. Cunha morea de pistas, coa axuda da nosa lupa marchamos para casa coa tarefa de descubrir como somos tesouro para os demais, poruqe… “quen ten un amigo, ten un tesouro”.

Aquí podes atopar unha mostra do ben que o pasamos.