Despois de moitos días de choiva…o calor chegou a Alternativa Vaivén e puidemos gozar dun día de actividade sen paraugas!
Os saltimbanquis atopáronse cun home chegado do espazo exterior, un astronauta chegado dunha misión. Este home contoulles que de pequeno tivo un soño; o soño de converterse en astronauta, pero para conseguilo tivo que esforzarse día a día. Teresa, a amiga de Juanito, propúxolles ó saltimbanquis unha serie de retos para mellorar o seu traballo en equipo.
Os Andainas, pola súa banda, seguen a construír a cidade enchendo, sábado a sábado, os espazos libre de uso. Este sábado, aproveitando o bo tempo, saímos a poñer en práctica unha das regras de ouro: “coidar a natureza”. Por grupos, fixemos unha batida polo monte do castro recollendo o lixo. Como todo en grupo se fai mellor, rematamos cedo e deunos tempo a pasalo ben con xogos diversos. Logo, no tempo de amigos, cada un reflexionou sobre como coidamos a casa común e escribiu, en forma de carta, un compromiso.
Os Ads tiveron unha viaxe, pero esta vez culinaria. Os aspirantes a ADSchef dividíronse en grupos de 6 persoas e, cun presuposto de 10 euros por equipo, tiñan que arranxar para facer unha prato típico do país que se lles asignou. Unha vez os pratos estaban feitos, compartíronos cos demais grupos. Para rematar, no tempo de paz, traballaron en pequenos grupos sobre a sorte de ter nacido nun país no que as nosas necesidades fundamentais están cubertas mentres que noutros lugares como África, Sudamérica ou Asia, moitos nenos/as carecen do máis fundamental que é a auga e os alimentos e a necesidade de deixarnos interpelar por esta situación de inxustiza.
Preme aquí para ver as fotos.