Acampada Pascual – Padrón ´18

Despois desta acampada Pascual de Iniciación que celebramos os días 29 e 30 de abril en Padrón, os rapaces e rapazas de Abeiro (A Coruña) e Abertal (Vigo) volvemos as nosas cidades cun sabor de boca moi especial.  Vivimos xuntos diferentes experiencias, a primeira foi a chegada en tren!

Algunhas máis para divertirnos e outras nas que nos centrabamos en reflexionar como por exemplo: parámonos a pensar nas inxustizas e escravitudes que nos atan escribíndoas nunhas cadeas, tamén fixemos un recorrido ata o Santiaguiño con certas limitacións como ter os ollos tapados, as mans atadas, a boca vendada e os petos cargados de pedras para poñernos en situación da forma na que actuamos cara os problemas, inxustizas… e facer un progresivo camiño cara a “liberación”.
Compartimos unha velada chea de cancións, bailes e para moitos moi bos recordos do campamento, xogando a Furor! e para concluir a nosa acampada tivemos un tempo de celebración ao aire libre que nos axudou a pensar en todo o que levamos a cabo estes dous días e o ben que o pasamos!
Todos estamos de acordo en que unha acampada é un tempo para compartir, traballar e reflexionar xuntos, e sobretodo divertirnos facéndoo, e estes dous días de acampada Pascual servíronnos tamén para mirar cara nós mesmos, coñecer un poco máis aló que é iso da Pascua e descubrir e recoñecer a nosa relación con Deus.

Paz Muñoz e Sira Salvador

 

Aquí podes atopar unha selección de fotos!